Comunicación terrestre e marítima: a 2 minutos da saída en coche cara a Bueu, Marín, Pontevedra, Vigo, Moaña, ... e a 150 metros da Estación de Autobuses e da Estación Marítima de Ría.
O Centro ten unha superficie de 315 metros cadrados, distribuidos en duas plantas nas que atoparemos as seguintes dependencias:
7 aulas totalmente equipadas e climatizadas para o desenvolvemento da formación.
Despacho de dirección.
Secretaría.
Biblioteca.
Sala de profesores.
Tres aseos (un deles acondicionado para minusválidos).
Actividade Principal:
Centro Colaborador Nº 36H00813 da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia) para a impartición de Formación Ocupacional (Plan A.F.D. e F.S.E.)
Entidade Organizadora de Formación Continua-Demanda ante a Fundación Tripartita para a Formación e o Emprego (FTFE) dende o ano 2004, para levar a cabo o desenvolvemento de éste tipo de Formación mediante o Sistema de Bonificacións á Seguridade Social.
Entidade impartidora de Accións Formativas de Formación Continua-Oferta (Contrato Programa) para diversos Organismos Empresariais como Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), etc.
Centro de Formación Non Regrada: Clases de Apoio e Recuperación en Enseñanza Primaria, Secundaria, Bacharelato así como diversas materias de Universidade.
Homologacións e certificados:
Centro Colaborador Nº 36H00813 da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia).
Centro Nº 19.751, acreditado polo INEM para a impartición de Formación Teórica de Contratos de Aprendizaxe.
Centro con Certificado de Calidade: ISO 9001:2008, desde 21 de abril do 2003 (Empresa Certificadora: Bureau Veritas Certification.
Centro Homologado pola Consellería de Sanidade con número de referencia 366/GA para a impartición de programas de formación en materia de hixiene alimentaria (Manipulador de Alimentos).
Centro Homologado pola Fundación Laboral da Construcción (FLC) e pola Fundación do Metal para a Formación (FMF) para impartición das accións formativas en materia de prevención de riscos laborais e obtención da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC).