O Centro de Estudos Cangas leva desde o ano 2004 impartindo coas empresas a Formación Continua Bonificada.
Todas as empresas que cotizan á Seguridade Social pola contixencia de Formación Profesional, posúen unha cota anual para realizar as accións formativas que desexen para os seus traballadores. Desta forma, as empresas facendo uso desta cota, poden formar ao seu persoal, cando, con quen, en que e como queiran.
Todas aquelas empresas que cotizan á Seguridade Social pola continxencia de Formación Profesional (isto compróbase en calquera nómina) e non fixesen uso do seu crédito para a Formación Continua.
A cota ou crédito anual que as empresas teñen para a Formación Continua polo Sistema de Bonificacións dependerá de aspectos como: o número de traballadores medio do seu persoal, a contía total dos pagos á Seguridade Social do ano anterior, a porcentaxe de bonificación aplicable (que é establecido anualmente polo Goberno na Lei de Orzamentos Xerais)(Excepción: as empresas de nova creación). Todas as empresas teñen un mínimo de 420 Euros.
O modo habitual é que as empresas xunto co centro de formación formen unha agrupación de empresas (mediante un documento escrito asinado polos representantes legais). O centro de formación realiza as funcións de entidade organizadora, é dicir, organiza, tramita, xestiona, imparte e xustifica, ante a administración correspondente os gastos das accións formativas. As empresas actúan como beneficiarias da formación.
O Centro de Estudios Canas, S.L. como centro de formación homologado e como entidade organizadora de formación continua polo Sistema de Bonificacións ofrécelle as súas instalacións, o seu equipo docente e a a súa experiencia para a organización da devandita formación.
Unha vez finalizada a acción formativa: