Facebook Twitter
slider Impórtanos a TUA FORMACIÓN
slider preocúpanos o teu
slider Primeira Academia Náutica de Recreo no Morrazo

Solicita maís información !

Poñerémonos en contacto contigo para aclararche
calquera dúbida sobre os nosos Cursos.

Oferta formativa

Consulta os nosos cursos

Acceso

Formación Continua Bonificada

O Centro de Estudos Cangas leva desde o ano 2004 impartindo coas empresas a Formación Continua Bonificada.

 

Que é o novo modelo de Formación Continua Bonificada?

Todas as empresas que cotizan á Seguridade Social pola contixencia de Formación Profesional, posúen unha cota anual para realizar as accións formativas que desexen para os seus traballadores. Desta forma, as empresas facendo uso desta cota, poden formar ao seu persoal, cando, con quen, en que e como queiran.

 

Quen pode acceder a este Sistema?

Todas aquelas empresas que cotizan á Seguridade Social pola continxencia de Formación Profesional (isto compróbase en calquera nómina) e non fixesen uso do seu crédito para a Formación Continua.

 

Que cota anual correspóndelle á súa empresa?

A cota ou crédito anual que as empresas teñen para a Formación Continua polo Sistema de Bonificacións dependerá de aspectos como: o número de traballadores medio do seu persoal, a contía total dos pagos á Seguridade Social do ano anterior, a porcentaxe de bonificación aplicable (que é establecido anualmente polo Goberno na Lei de Orzamentos Xerais)(Excepción: as empresas de nova creación). Todas as empresas teñen un mínimo de 420 Euros.

 

Organización e xestión do Sistema de Bonificacións:

O modo habitual é que as empresas xunto co centro de formación formen unha agrupación de empresas (mediante un documento escrito asinado polos representantes legais). O centro de formación realiza as funcións de entidade organizadora, é dicir, organiza, tramita, xestiona, imparte e xustifica, ante a administración correspondente os gastos das accións formativas. As empresas actúan como beneficiarias da formación.

 

O Centro de Estudios Canas, S.L. como centro de formación homologado e como entidade organizadora de formación continua polo Sistema de Bonificacións ofrécelle as súas instalacións, o seu equipo docente e a a súa experiencia para a organización da devandita formación.

 

Como realiza a empresa o pago da formación recibida a entidade organizadora?

Unha vez finalizada a acción formativa:

  • A entidade organizadora emite unha factura á empresa polo importe global da formación.
  • A empresa, mediante transferencia bancaria realiza o pago á entidade organizadora.
  • A empresa, posteriormente, deduce o importe total no boletín de cotización á Seguridade Social (TC1) correspondente ao mes que finalice o curso ou posteriormente. (Prazo máximo: TC1 de decembro do mesmo ano).
 NOTA: existe posibilidade de cofinanciamento privado.

 

Vantaxes do Sistema de Bonificacións:

  • Non hai intermediarios de ningún tipo.
  • Non hai que axustarse a ningunha convocatoria, é dicir, pódense realizar os cursos en calquera momento do ano.
  • O traballador fórmase dentro das súas necesidades en cursos superiores ás 6 h.
  • A empresa coñece o seu crédito para formación desde o primeiro día do ano.
  • Calquera empresa pode acceder con independencia do seu tamaño, actividade, ...
  • Non importa a cantidade de alumnos.